domingo, 22 de noviembre de 2015

FAGO COUSAS CO OUTONO

Estes días os nenos queremos dar as grazas a todos os papás e mamás que nos están axudando na elaboración de animais de outono con productos da natureza recollidos do voso entorno.
GRAZAAAAAAAAAAAAS

TRABALLAMOS EN EQUIPOS

A consigna é facer unha serie de dúas cores en equipo.
Temos non só que recortar as palliñas, senón tamén esperar o turno e consensuar entre todos se estamos a facer ben o traballo.
Non todas as series son iguais nin teñen as mesmas cores e por eso cada equipo expón ós seus compañeiros o qué fixo e cómo o fixo.




O MAGOSTO

O día do Magosto foi un día divertido grazas o profe José Luis e aos nenos de 6º de primaria que nos explicaron e axudaron con todos os xogos que había no patio.
Pero non só o pasamos ben xogando senón que ademáis comemos ricas e quentiñas castañas.

domingo, 1 de noviembre de 2015

FESTA DO SAMAÍN

O venres 30 de outubro fixemos a festa do samaín e halloween.
Mirade que pintas
Cancións, xogos, medo,concurso de cabazas...








ARAÑA SAMAÍN

Coa chegada do samaín quixemos desfacernos do medo ás arañas comendo unha araña.
Pero como non estamos toliños decidimos facela con galletas, regaliz e lacasitos.
Primeiro cortamos as patas 
Despois colocamos cada unha no seu sitio e xuntamos as duas partes da galleta oreo

Finalmente puxemos os ollos con dous lacasitos brancos e para rematar adornamos con xirope de fresa e de chocolate
unha tea de araña.



Que ricaaaaaaaaaaaaaaaa