lunes, 28 de diciembre de 2015

A CARTA DOS REIS MAGOS

Antes de que chegue o día de Reis, fixemos a nosa carta onde pedimos algún xoguetiño para divertirnos no tempo de Nadal.


jueves, 17 de diciembre de 2015

O REI GASPAR

Este xoves e antes de que cheguen os Reis Magos quixemos probar cómo sabe o rei Gaspar.
Se vos animades a cociñar  na casa podedes probar a facer tamén o Rei Melchor e o Rei Baltasar.





martes, 8 de diciembre de 2015

ADEUS OUTONO (3ª parte)

                  ...E POR ÚLTIMO,
 UNHA PEQUENA MOSTRA DAS NOSAS DOTES TEATRAIS...!!!!

                                                                ADEUS OUTONO, ATA O ANO QUE VEN!!


                              
                          

ADEUS OUTONO (2ª parte))

XOGAMOS AO TEATRO COA CANCIÓN





DAS CAIXAS PECHADAS SAEN...
...FOLLAS BAILANDO CO VENTO...
...E XA NO ESCENARIO: CAÍDAS DA ÁRBORE!!!!
                                                                                                                                                      .
...ROLANDO NO CHAN...
                                                                                                             


ADEUS OUTONO (1ª parte)

                  Xa queda pouco para o remate do outono, esa estación máxica polas súas cores (para min a preferida!!!) e polas súas festas: Samaín, Magosto...
                
            Pronto nos chega o inverno e con él o tan esperado Nadal..., que tampouco está nada mal!!!

              

            Aquí tendes algunhas lembranzas deste outono a piques de rematar e darvos as GRAZAS pola vosa tan grande colaboración.

Viñeron a contarnos contos de medo!!!!

















Pintando as cores do outono!!!

domingo, 22 de noviembre de 2015

FAGO COUSAS CO OUTONO

Estes días os nenos queremos dar as grazas a todos os papás e mamás que nos están axudando na elaboración de animais de outono con productos da natureza recollidos do voso entorno.
GRAZAAAAAAAAAAAAS

TRABALLAMOS EN EQUIPOS

A consigna é facer unha serie de dúas cores en equipo.
Temos non só que recortar as palliñas, senón tamén esperar o turno e consensuar entre todos se estamos a facer ben o traballo.
Non todas as series son iguais nin teñen as mesmas cores e por eso cada equipo expón ós seus compañeiros o qué fixo e cómo o fixo.




O MAGOSTO

O día do Magosto foi un día divertido grazas o profe José Luis e aos nenos de 6º de primaria que nos explicaron e axudaron con todos os xogos que había no patio.
Pero non só o pasamos ben xogando senón que ademáis comemos ricas e quentiñas castañas.

domingo, 1 de noviembre de 2015

FESTA DO SAMAÍN

O venres 30 de outubro fixemos a festa do samaín e halloween.
Mirade que pintas
Cancións, xogos, medo,concurso de cabazas...








ARAÑA SAMAÍN

Coa chegada do samaín quixemos desfacernos do medo ás arañas comendo unha araña.
Pero como non estamos toliños decidimos facela con galletas, regaliz e lacasitos.
Primeiro cortamos as patas 
Despois colocamos cada unha no seu sitio e xuntamos as duas partes da galleta oreo

Finalmente puxemos os ollos con dous lacasitos brancos e para rematar adornamos con xirope de fresa e de chocolate
unha tea de araña.



Que ricaaaaaaaaaaaaaaaa




lunes, 26 de octubre de 2015

MESA TERRORÍFICA

Hoxe pola mañá o chegar a clase había unha mesa terrorífica.
Como somos valientes e casi xa non lle temos medo a nada, metémonos  dentro dela  e xogamos coas cousas de medo que alí había: RATOS, SERPES, ARAÑAS...
Todo estaba oscuro, pero coa lanterna conseguimos pasalo xenial.
¡Que divertido é xogar co medo!